Editorial:galaxia
Autor:Josep Francesc Delgado
Feito:Marzo do 2004 America
Os indios de america do sur teñen unha relacion moi intensa co medio natural
que os rodea .
SOCIEDADE
Cando os conquistadores europeos chegaron a América non atoparon os mesmos indios no norte ca no sur. Os colonizadores ingleses do norte deron cuns indios que estaban alí desde o Paleolítico .Aínda que algúns cultivaban millo,os indios norteamericanos vivían ,principalmente , da caza .
Tamén no sur vivían indios desde o Paleolítico .Con todo , as civilizacións indias de Centroamerica estaban máis avanzadas .Os aztecas , os maias e os toltecas dominaban a agricultura .Construían cidades e o seu desenvolvemento tecnolóxico era moito máis avanzado co dos indios do norte .
RELIXIÓN
Os indios centroamericanos , e algúns dos sudamericanos , coma os incas , achábanse nun estado de civilización comparable ó da Roma ou a Grecia clásica ou ao Exipto faraónico .Por iso algunhas das lendas falan dos seus deuses , porque os aztecas e os maias gozaban un sistema de divindades politeísta ,coma o de gregos , romanos e exipcios , moi diferente ao dos indios opaié , que adoptan os animais que os rodean como personaxes das súas lendas e xeradores de mitos
LINGUA
Dise que , cando os conquistadores chegaron a América ,as diferentes tribus indias falaban máis de mil linguas .
Os indios sudamericanos falaban linguas que sufriron diversas sortes .O guaraní, o quechua e o maia son as linguas con máis futuro.O resto esmorece baixo presión das linguas castelá , portuguesa e inglesa , e poden extinguirse durante o seculo xxi se non se atopa unha política de recoñecemento e fomento das linguas ameridianas .
ACTUALIDADE
Desde un punto de vista cultural , a realidade dos indios sudamericanos e centroamericanos é menos dramática cá dos indios dos Estados Unidos . pero , a maioría das culturas ameridianas de América Central e do sur atópanse nunha delicada situación . Nalguń caso chegouse ao exteminio . Este é o caso dos indios taínos de Porto Rico , dos que se recolle neste libro un dos seus mitos .Das mil voces diferentes que había en América cando chegaron os colonizadores europeos ,pouca quedan , pero todas nos poden aprender algo.
